SAÍDA Á PONTENOVA NA MATINAL DO DOMINGO

O domingo ás 11:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de A Pontenova o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputará o segundo partido da segunda volta da Terceira División Nacional de fútbol sala fronte ao C.D. Rececende F.S.

O equipo vilalbés, tratará de seguir sumando de tres en tres, trala victoria da semana pasada ante o Coruxo F.S. Diante terán ao sempre complicado equipo de A Pontenova que ven de vencer na pista do C.P. Casás. Outro aspecto a ter en conta é o horario xa que o equipo do Vilalba F.S. non soe disputar os seus encontros os domingos pola mañá o que pode xogar en contra. Aínda así os xogadores adestrados por Alfonso e Luís son conscientes de que é un partido moi importante para seguir escalando postos na clasificación e intentarán derrotar ao C.D. Rececende F.S. por terceira vez na temporada, as outras dúas foron na primeira volta por un apretado 3-2 e na fase previa da XXVII Copa Galicia por un resultado de 3-1.