A SEGUIR COA RACHA

O sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputará fronte ao Academia RedBlue 5 Coruña F.S. o encontro correspondente á cuarta xornada de liga da Terceira División Nacional.

O equipo vilalbés pretende seguir coa racha de resultados positivos tras as dúas últimas victorias conseguidas ante o C.D. Rececende e a semana pasada na pista do Santiago Futsal “B”.

Despois das tres primeiras xornadas dunha competición moi igualada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. está clasificado na sexta posición con seis puntos pero a só un punto do líder, o recién ascendido Sport Sala Culleredo F.S.