A SEGUIR INVICTOS NA SEGUNDA VOLTA

Este sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao Santa Isabel F.S. de Outeiro de Rei na vixésima xornada de liga da Terceira División Nacional.

Despois de acadar a cuarta victoria consecutiva da segunda volta a pasada xornada ante o Academia Red Blue 5 Coruña F.S. por 6-3, o equipo vilalbés, coa moral polas nubes, tratará de sumar os tres puntos para seguir nos postos altos da clasificación ante un rival que nos últimos encontros descolgouse un pouco dos postos de privilexio pero que tentará de poñerllo moi complicado ao equipo adestrado por Alfonso e Luís. De feito, o partido da primeira volta rematou coa victoria dos de Outeiro de Rei por 6-5 despois de que lle deran a volta ao marcador xa que o equipo vilalbés adiantárase cun 0-3 aos nove minutos da primeira parte.

Tamén agárdase, como sempre que xoga o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., unha gran entrada, si cabe máis aínda como xa sucedeu na primeira volta pola proximidade entre as dúas localidades.