O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. colleitou a segunda derrota da tempada (6-2) na súa visita ao Stellae F.S. – St. Petroni o pasado sábado no partido correspondente á xornada 13 de liga da Terceira División Nacional que fora adiado polo temporal.
O partido comezou mal para o equipo vilalbés que encaixou dous goles nos primeiros minutos e foi a remolque todo o partido aínda que gozou de numerosas ocasións para acadar un mellor resultado. Na última xogada do primeiro tempo nunha acción desgraciada encaixou en propia meta o terceiro gol que puxo o partido moi costa arriba. Xa na segunda metade, nunha contra propiciada por unha clamorosa falta o equipo local poñía o 4-0 no marcador.
O equipo adestrado por Kini seguiu intentando recortar diferencias no marcador co porteiro xogador e logrou poñerse mediada a segunda parte a dous goles que facían que os numerosos siareiros vilalbeses que acompañaron ao equipo creran na remontada. Pero nos derradeiros minutos o equipo local logrou marcar dous goles máis para poner o definitivo 6-2.
Malia a derrota o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. continúa líder con tres puntos de vantaxe sobre o Stellae F.S. – St. Petroni.
O vindeiro sábado recibirá ao A.D.F.S. Bueu ás 19 horas no Pavillón Municipal de Vilalba.