SEGUNDA VICTORIA CONSECUTIVA

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou por 8-5 ao Redondela F.S. no encontro correspondente á vixésima xornada da Liga Galega Xuvenil celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba.

O partido no primeiro tempo foi bastante igualado con ocasións para os dous equipos. Na segunda parte o equipo vilalbés colleu vantaxe de tres goles que o equipo visitante nun minuto recurtou diferencias poñéndose a un gol. Outro arreón do Vilalba F.S. fixo que a victoria quedara na casa acadando a segunda consecutiva e a sexta da temporada.

Na seguinte xornada o equipo do Vilalba F.S. terá parón pola retirada do equipo Baíña F.S.-Baitra.

REDONDELA F.S.
Daniel, Anxo, Omar, Alejandro, Alexandro – cinco inicial – Brais, Sergio, Pablo e Pedro.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Antón, Diego, Álex Leiras, Brais – cinco inicial – Prieto, Xosé, Lage, Alberto, Hugo, Martín e Iker.

GOLES:
1-0  Alex Leiras. (Min. 5)
1-1  Anxo. (Min. 6)
2-1  Diego. (Min. 19)
2-2  Prieto (p.p.). (Min. 20)
3-2 Alberto. (Min. 27)
4-2 Lage. (Min 28)
5-2 Lage. (Min. 29)
5-3 Alejandro. (Min. 30)
5-4 Alexandro. (Min. 31)
6-4 Diego. (Min. 32)
7-4 Diego. (Min. 32)
8-4 Antón. (Min. 38)
8-5 Pedro. (Min. 39)