SEGUNDA VICTORIA A DOMICILIO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. acadou a segunda victoria a domicilio da temporada ao derrotar ao A.D.F.S. por un gol a catro na sétima xornada de liga da Terceira División Nacional.

O partido púxose de cara para o equipo vilalbés que se adiantou no marcador aos catro minutos por mediación de Paulo. Despois do gol tivo varias ocasións claras de gol para ampliar o resultado pero foi o equipo local o que nos últimos minutos logrou a igualada coa que se chegaría ao descanso.

A segunda parte comezou moi ben xa que aos catro minutos Asier adiantou ao equipo Vilalbés que volveu a disponer de moitas ocasión. Pero non foi ata os minutos finais cando conseguiu dous goles máis que puxeron o marcador moi favorable.

O Bueu intentouno co porteiro xogador e aínda que dispuxo de varias ocasións non soubo materializalas.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sitúase no medio da táboa clasificatoria. A próxima xornada recibirá ao actual campión, Pazos de Borbén, pero antes disputará co Noia Portus Apostoli F.S. de Segunda División os oitavos de final da XXVII Copa Galicia.

A.D.F.S. BUEU
Néstor, Martín, Sergio, Antonio, Adrián – cinco inicial – Alejandro, Luis, Rodrigo, Víctor, Pablo e Alejandro Miranda.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Areñas, Jose López, Asier, Fran Pastor, Nuno – cinco inicial – Iago, Diego, Freire, Martín, Paulo.

GOLES:
0-1  Paulo. (Min. 4)
1-1  Martín. (Min. 17)
1-2  Asier. (Min. 24)
1-3  Martín. (Min. 36)
1-4  Freire. (Min. 37)

 

COMPARTIR