SEGUNDO PARTIDO NA CASA DO FEMININO

O sábado 4 de novembro ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba celebrarase o encontro correspondente á cuarta xornada da Liga 1ª Galicia feminina entre os equipos do Rábade F.S. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

Despois das tres primeiras xornadas de competición as rapazas do Vilalba F.S. intentarán sumar o segundo triunfo como local, e polo tanto seguir facendo pleno de victorias. En fronte terán a un rival, o Rábade F.S. que está na metade da clasificación cunha victoria e dúas derrotas.

 

COMPARTIR