SEXTA VICTORIA CONSECUTIVA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 4-1 ao GRI Carballiño F.S. no encontro correspondente á última xornada da primeira volta da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na mañá do domingo.

Partido no que as xogadoras vilalbesas tiveron que esperar á segunda parte para acadar unha nova victoria e pechar un tramo final da primeira volta con seis victorias consecutivas.

Ao remate da primeira volta, o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., que xa estaba clasificado para xogar a Copa Autonómica, sitúase na sexta posición da clasificación.

A vindeira xornada desplazarase a terras pontevedresas para xogar co F.S. Cidade de Pontevedra.