SORTE DISPAR PARA AS RAPAZAS DO VILALBA F.S. NOS CAMPIONATOS GALEGOS

O pasado mércores 28 de marzo celebráronse as fases finais dos Campionatos Galegos Comarcais Femininos de fútbol sala na localidade pontevedresa de Marín.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. tivo dúas representantes, Carmela Domínguez Leal e Aurora Romero Trastoy.

A cruz foi para o equipo cadete de Lugo, no que estaba a xogadora Carmela Domínguez Leal, que a pesar de facer un bo torneo quedou eliminado na fase de grupos. A selección lucense perdeu contra ás seleccións de Ferrol e Santiago por 2-1 e 2-0 respectivamente e empatou no último partido coa de Ourense 1-1. A selección campiona foi Pontevedra que gañou na final 3-2 á de Ferrol.

A cara foi para o equipo infantil de Lugo, no que estaba a xogadora Aurora Romero Trastoy, que realizou un extraordinario torneo quedando subcampión galego. Na fase previa a selección lucense gañou os tres partidos ante ás seleccións de Ferrol, Santiago e Ourense 2-0, 4-1 e 3-1 respectivamente. Xa na final perdeu por un axustado 3-2 ante a selección de A Coruña.

COMPARTIR