SORTEADA A I COPA DEPUTACIÓN DE LUGO

Os equipos senior feminino e masculino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., xa coñecen aos seus rivais na primeira edición da Copa Deputación de Lugo.

O equipo feminino que é cabeza de serie na Sede 1, terá como rival en cuartos de final á U.D. Pastoricense e o equipo gañador enfrontarase nas semifinais de sede contra o vencedor do Pescados Rubén Burela F.S. “B” e o equipo gañador da fase previa entre Os Meigallos F.S. e Concello de Begonte. Aínda está por confirmar a localidade onde se van a disputar os encontros pero o día será o 2 de setembro. Os gañadores da Sede 1 e da Sede 2 xogarán a final o día 8 ou 9 de setembro.

O equipo masculino que tamén é cabeza de serie na Sede 1, terá como rival en oitavos de final ao Samos F.S. e o equipo gañador enfrontarase nos cuartos de final contra o vencedor do Lusitalia e o C.D. Rececende. Tamén está por confirmar a localidade onde se van a disputar os encontros que serán o 2 de setembro. A fase final disputarase tamén o seguinte fin de semana.