SUSPENDIDAS TODAS AS COMPETICIÓNS DE FÚTBOL SALA EN GALICIA

Ante a situación de urxencia xerada pola expansión do “Coronavirus COVID-19” a Real Federación Galega de Fútbol informou que todas as competicións autonómicas de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico quedan suspendidas durante o prazo de dúas semanas a partir de mañá xoves (12/03/2020). Asímesmo, a Real Federación Española de Fútbol decretou a suspensión das competicións de fútbol e fútbol sala durante o mesmo prazo.

Trátase dunha medida para garantir a saúde e seguridade tanto dos deportistas como de todas as persoas que move cada partido.

Polo tanto, con esta decisión todos os equipos do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. non disputarán os seus respectivos partidos nas vindeiras dúas semanas.

Tamén o Servizo de Deportes da Xunta de Galicia comunicou que se suspende a competición do XOGADE ata novo aviso.