TERCEIRA VICTORIA CONSECUTIVA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. impúxose por 5 goles a 1 ao Academia RedBlue 5 Coruña F.S., no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba ante douscentos espectadores, correspondente á cuarta xornada de liga da Terceira División Nacional.

O partido púxose moi ben para o equipo vilalbés ao conseguir aos tres minutos o primeiro gol nun gran remate de Rubén Mouriz e a tres minutos para o descanso Jose López nunha gran xogada de todo o equipo. Foi un primeiro tempo onde as ocasións creadas foron casi todas do equipo local.

A segunda parte comezou con clarísimas ocasións para o Vilalba F.S. que non soubo sentenciar e aos catro minutos nunha contra o equipo coruñés acortou diferencias. Ahí houbo un par de minutos onde o 5 Coruña tivo unha clara ocasión para empatar pero a partir de esa acción os xogadores vilalbeses volveron a dominar o encontro, ampliaron diferencias co gol de Fran Pastor e nos últimos minutos co equipo visitante xogando co porteiro xogador sentenciaron con goles de Asier e Roi de penalti. O resultado aínda puido ser máis abultado si os xogadores locais estiveran máis acertados de cara a portería, xa que disfrutaron dun doble penalti e varias accións só contra o porteiro.

Os xogadores do Vilalba F.S. adicáronlle a victoria a Tucho, que segue recuperándose da lesión de rodilla, e nos momentos anteriores e posteriores ao encontro luciron unha camiseta de apoio ao seu compañeiro.

 

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iago, Jose López, Rubén Mouriz, Roi, Fran Pastor – cinco inicial – Areñas, Asier, Freire, Martín, Paulo e Nuno.

ACADEMIA REDBLUE 5 CORUÑA F.S.
Oscar, David, Iván, Pablo, Daniel – cinco inicial – Alfonso, Víctor, Diego, Rodrigo e Guillermo.

GOLES:
1-0 Rubén Mouriz. (Min. 3)
2-0  Jose López. (Min. 17)
2-1  Rodrigo. (Min. 24)
3-1  Fran Pastor. (Min. 34)
4-1  Asier. (Min. 39)
5-1  Roi (P). (Min. 39)

COMPARTIR