TERCEIRA XORNADA DO I CAMPUS VILALBA F.S.

No terceiro día do I Campus Vilalba F.S. houbo diversas actividades que foron do agrado dos rapaces.

Pola mañá, despois do almorzo, tiveron a visita do Club Judo Muralla, Club Judo Vilalba e Club de Loita Vilalba cos que fixeron unha xornada de iniciación a eses deportes. Posteriormente a Cruz Vermella deulles unha charla-taller sobre primeiros auxilios, alimentación, saúde e deporte.

Despois de xantar, seguiron cos adestramentos de fútbol sala e tiveron a visita de Patricia González Mota, “Peque”, subcampioa de Liga e campioa da Copa da Raíña co Pescados Rubén Burela F.S. e da nova incorporación do equipo mariñán recién ascendido a Primeira División, Alejandro Diz Teijeiro, “Alex Diz” que militou a tempada pasada no Osasuna Magna.