TERCEIRO EMPATE CONSECUTIVO

TERCEIRO EMPATE CONSECUTIVO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. empatou 5-5 ante o Playas de Barreiros C.D., no partido correspondente á xornada 26 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Barreiros na tarde do sábado.

Bo partido do equipo vilalbés que mereceu máis na visita a Barreiros. Nos primeiros minutos de encontro xa se puxo cun resultado a favor de 1-3 que neutralizou o equipo local antes do descanso. Na segunda metade houbo alternativas no marcador para rematar co empate a cinco goles definitivo. Mágoa os dobres penalties errados en cada tempo polo Vilalba F.S.

Preocupante a situación do Vilalba F.S. que está situado soamente a 1 punto do descenso a falta de catro xornadas aínda que depende de sí mesmo para salvar a categoría.