TERCEIRO PARTIDO NA CASA DO FEMININO

O sábado 2 de decembro ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o encontro correspondente á oitava xornada da Liga 1ª Galicia feminina entre os equipos do Monterroso F.S.F. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

Despois de sete xornadas de competición as rapazas do Vilalba F.S. lideran a clasificación con 18 puntos, (pleno de victorias), e intentarán seguir invictas antes de afrontar a seguinte saída que será á pista de A Pastoriza, segundo clasificado.

En fronte terán a un rival, o Monterroso F.S.F. que está na parte baixa da clasificación con catro puntos.

COMPARTIR