TOCA LEVANTARSE

O vindeiro sábado ás 16:30 horas no Pavillón “Monte Castelo” de Burela terá lugar o encontro entre os equipos femeninos do BURELA F.S.F. PESCADOS RUBÉN “B” e o VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. correspondente á terceira xornada da Copa de Primeira Galicia Femenina.

Despois da derrota colleitada na casa fronte á U.D. Pastoricense na segunda xornada de Copa, o equipo feminino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. necesita pasar páxina e acadar un resultado positivo que o manteña na loita polas dúas primeiras posicións do grupo que dan acceso a xogar as semifinais. No caso de acadar unha victoria na pista dun rival directo como o Pescados Rubén Burela F.S. daría moita moral ao equipo vilalbés para conquerir o obxetivo de chegar ás semifinais.