TRABALLADA VICTORIA DO VILALBA F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 5-3 á A Estrada Futsal, no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vilalba, correspondente á xornada 7 de liga da Terceira División Nacional.

Gran partido o realizado polo equipo vilalbés ante un bo equipo como é A Estrada Futsal. O equipo adestrado por Kini foi sempre por diante no marcador pero non sentenciou ata o derradeiro minuto do encontro cando o equipo visitante xogaba co porteiro xogador.

Con esta victoria segue a xeira de resultados positivos do Vilalba F.S. que  sitúan no alto da clasificación empatado a puntos co Ganomagoga Vigo – I.E.S. Coruxo F.S.