TRASPÉS DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., perdeu por 5-3 ante o C.D. Beade AVI no partido correspondente á xornada 12 da Liga Galega Xuvenil, celebrado na tarde do domingo no Pavillón IES Beade.

Mala imaxe a ofrecida polo equipo vilalbés e derrota xusta nun partido entre dous equipos da zona alta da clasificación.

Con este resultado o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. baixa á terceira posición e recibirá ao líder EDO Sala Ourense o vindeiro fin de semana.