TRIUNFO MERECIDO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 5-3 ao Fútbol Sala Cidade de Pontevedra no encontro correspondente á xornada 12 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na tarde do xoves.

Empezou moi ben o equipo vilalbés que acadou unha vantaxe de tres goles antes do descanso. Na segunda metade o equipo pontevedrés mellorou e púxose a un gol faltando tres minutos para o final, pero acto seguido Sabela sentenciou co quinto gol.

Merecida victoria do Vilalba F.S. nun gran encontro entre dous bos equipos que non defraudaron.

Con estos tres puntos o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. superou ao seu rival e situouse sexto na clasificación.