TRIUNFO SOBRE A BOCINA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu por 4-3 á S.D. A Gaiola no encontro correspondente á oitava xornada da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na mañá do domingo.

Merecida victoria do Vilalba F.S. nun emocionante encontro no que tivo que remontar o primeiro gol da S.D. A Gaiola con un gol de Paula Cortiñas e dous de Sabela. O equipo vilalbés dispuxo de moitas ocasión para sentenciar o partido pero nos últimos minutos o equipo santiagués acadou o empate en dúas xogadas ailladas e cando parecía que o 3-3 ía ser definitivo, Carol sobre a bocina deu a victoria ao equipo do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.