TROPEZO DO XUVENIL

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. perdeu co Hércules Sport Sala F.S. por 4-2 no partido disputado o domingo pola tarde no Pavillón San Francisco Javier de A Coruña correspondente á primeira xornada da fase de ascenso á División de Honra xuvenil

Partido marcado pola rigurosísima expulsión do porteiro vilalbés Tini mediada a segunda parte cando o equipo que adestra Quini vencía por 1-2. Ademáis non foi un día inspirado de cara a gol xa que erraron clarísimas ocasións para ó final acabar colleitando unha derrota.

O vindeiro partido do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. será este sábado ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ante Os Meigallos F.S., equipo ao que xa venceu na primeira fase e que perdeu a semana pasada na casa ante o Ventorrillo F.S.

Ficha Técnica: 

HÉRCULES SPORT SALA F.S.
Cristian, Stefano, Daniel V., Hugo, Darío – cinco inicial – Daniel M., Luis Alberto, Francisco Joel, Juan, Fernando e Xavier.

 VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tini, Pelouro (1), Iker (1), Tinete, Hugo – cinco inicial – Abraham, Xoel, Tito, Leiras, Aitor, Pablo e Marcos.