“TUCHO” PASOU POLO QUIRÓFANO

Adrián Paz Castro “Tucho”, foi intervido esta mañá da rotura do menisco da perna esquerda. A intervención foi sutura meniscal por artroscopia e o período de recuperación estímase que será dun mes e medio aproximadamente.

Desde o VILALBA F.S. desexámoslle unha boa e pronta recuperación para que poida empezar canto antes os adestramentos e axudar ao seus compañeiros na segunda volta da liga na Terceira División Nacional.