O sábado ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibirá ao GRI Carballiño F.S. na penúltima xornada de liga da Terceira División Nacional.
Despois da victoria da pasada xornada, o equipo vilalbés despídese esta temporada dos seus siareiros aos que lle quere brindar unha nova victoria en agradecemento ao seu apoio durante todo o curso ligueiro.
Unha victoria ante o conxunto do Carballiño F.S., matemáticamente descendido, deixaría ao equipo vilalbés moi preto de acadar a cuarta posición que ocupa actualmente con tres puntos de vantaxe sobre o Sport Sala Culleredo.