ÚLTIMO PARTIDO COMO VISITANTE DO FEMININO

O domingo ás 12:00 horas no Pavillón “A Cúpula” de Monterroso terá lugar o encontro correspondente á penúltima xornada da Liga 1ª Galicia feminina entre os equipos do Monterroso F.S.F. e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S.

Será o último partido como visitante para as rapazas do Vilalba F.S. que despois de realizar un espectacular encontro ante o Pescados Rubén Burela F.S. tratarán de acadar os tres puntos para xogarse o título ligueiro na casa ante o U.D. Pastoricense. En fronte terán ao Monterroso F.S.F. que está na parte baixa da clasificación con sete puntos pero que non será un rival doado.