UNHA FINAL PARA O FEMININO

O vindeiro domingo ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba terá lugar o encontro entre os equipos femeninos do Pescados Rubén Burela F.S. “B” e o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. correspondente á última xornada da primeira fase da Copa de Primeira Galicia Femenina.

Despois da derrota colleitada fronte á U.D. Pastoricense, ás rapazas do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. só lles vale a victoria para acadar a segunda praza do grupo norte que da acceso a xogar as semifinais. Ante elas estará o equipo burelés que ocupa a segunda praza do grupo cos mesmos puntos pero con mellor diferencia de goles no cómputo xeral, xa que o particular está empatado ao igualar a dous goles no partido da primeira volta. Por este motivo ao equipo da mariña, sí lle vale o empate.

¡¡¡ FORZA PEUGEOT!!!

COMPARTIR