UNHA VICTORIA E DÚAS DERROTAS PARA OS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. colleitaron dúas derrotas e unha única victoria nos compromisos da pasada fin de semana.

A xornada comezou cunha nova derrota do equipo xuvenil, esta vez ante o líder Santiago Futsal por 2-7. Os goles do equipo vilalbés foron obra de Hugo e Tinete.

Tamén o sábado o equipo femenino perdeu 3-0 na pista do Cidade de Pontevedra F.S. que ocupa a primeira posición. Foi un partido que non se resolveu ata os minutos finais e no que o equipo vilalbés deu a cara a pesar das numerosas baixas.

A xornada rematou o domingo cunha victoria do equipo masculino que venceu ao Troula Betanzos por 6-4 con goles de Ismael (2), Keita, Fari, Simón e  Dieguito. O equipo vilalbés desaproveitou numerosas ocasións para deixar sentenciado o encontro e nos últimos minutos sufriu máis do agardado.