Uxía Díaz Lozano (Vilalba, 2002), é a primeira incorporación do Vilalba F.S. para a temporada 2018-2019.
A porteira vilalbesa que comezou a practicar o fútbol sala nas Escolas Municipais de Vilalba desde o ano 2009 ata o 2016, estivo as últimas dúas tempadas no Castro F.S.F. nas categorías de Primeira Galicia e Autonómica. Tamén nas últimas dúas tempadas defendeu a camiseta da Selección Lucense en categoría cadete.
Con esta incorporación a directiva do Vilalba F.S., que xa intentou a incorporación o ano pasado, acada que unha xogadora vilalbesa reforce unha posición clave na que só estaba “Tati” para disputar unha competición tan esixente como a Liga Autonómica.
Benvida a casa Uxía!!!