V MEMORIAL FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ VÁZQUEZ

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. despediu o ano ante un combinado de ex xogadores do Hotel Villamartín F.S. celebrando o “V Memorial Francisco Javier González Vázquez”.

O encontro disputado na tarde do sábado 30 de decembro ante douscentos espectadores, tivo unha carga emotiva engadida ao xuntarse os xogadores que militaran no Hotel Villamartín F.S. Aquel histórico equipo da década dos noventa, coa figura de “Javier” como alma mater xogara na División de Prata do Fútbol sala nacional e estivera a piques de acadar o ascenso á máxima categoría. Foi tamén un recoñecemento a aqueles xogadores que puxeron a Vilalba no mapa do fútbol sala nacional e que na temporada 95/96 tamén conquistaran a Copa Xunta.

No meramente deportivo o partido serviu de adestramento para o equipo do Vilalba F.S. e tamén serviu para revivir o carácter competitivo e gañador que tiña o Hotel Villamartín F.S., ademáis de comprobar que os anos non pasan en balde.

Ao final do partido o presidente do Vilalba F.S., Alvaro Fraga e o concelleiro de deportes do Concello de Vilalba, Julio Vázquez, entregaron un ramo de flores a Carmen e esta agasallou a todos os participantes cun banderín feito para a ocasión.

O acto serviu para manter viva a figura de Francisco Javier González Vázquez, unha das persoas que máis traballaron polo deporte vilalbés en xeral e polo fútbol sala en particular.

HOTEL VILLAMARTÍN F.S.
Pichi, Peón, Villa, Checo, Luis – cinco inicial – Javier, Reina, Gogas, Toni, Pellón, Cuti e Unai. Adestradores: Palotes e Javi Saa.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Areñas, Freire, Asier, Antón, Nuno – cinco inicial – Iago, Iago Amarelo, Martín, Paulo, Fran Pastor e Lage. Adestradores: Roi e Tucho.

GOLES:
1-0  Freire.
2-0  Lage.
2-1  Unai.
3-1  Freire.
3-2  Luis.
4-2  Lage.
5-2  Lage.
6-2  Lage.

COMPARTIR