V MEMORIAL FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ VÁZQUEZ

O sábado 30 de decembro ás 18 horas celebrarase o “V Memorial Francisco Javier González Vázquez” no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Esta quinta edición será ademáis “especial” xa que o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. enfrontarase a unha selección de ex xogadores do Hotel Villamartín F.S., equipo vilalbés, que con Javier como alma máter, na década dos anos 90 chegara a competir na División de Prata do fútbol sala nacional e a piques estiveran de ascender á máxima categoría. Será, polo tanto, un recoñecemento tamén a eses xogadores que fixeran vibrar aos siareiros de toda a provincia de Lugo, pero sobre todo manter viva a figura de Francisco Javier González Vázquez, unha das persoas que máis traballaron polo deporte vilalbés en xeral e polo fútbol sala en particular.