V TROFEO PEÑA SOCUELLO

O vindeiro sábado 14 de setembro ás 17 horas o equipo masculino do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. disputará no Pavillón “Patarita” de Bembibre o V Trofeo Peña Socuello ante o Atlético Bembibre. O equipo berziano tamén milita na Terceira División Nacional, aínda que o fai no grupo 9.

O equipo vilalbés disputará este encontro que lle servirá como último partido de preparación de cara ao inicio ligueiro que será a seguinte fin de semana recibindo no Pavillón Municipal de Vilalba ao Lugo Sala.

O equipo vilalbés agradece a invitación para poder disputar este recoñecido torneo.