VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. – C.D. LUGO SALA

O sábado 16 de xaneiro ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibe ao C.D. Lugo Sala, no partido correspondente á xornada 8 de liga da Terceira División Nacional.

 

Será un partido entre dous equipos que aspiran a estar nos postos altos da clasificación e que no que vai de competición acumulan unha única derrota aínda que o equipo da capital lucense suma un partido máis.

 

Dada a situación sanitaria do Concello de Vilalba o aforo para este partido está limitado a 104 persoas, tendo prioridade @s soci@s por orde de chegada a instalación.