VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. – PLAYAS DE BARREIROS C.D.

O sábado 28 de novembro ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Playas de Barreiros C.D., no partido correspondente á xornada 3 de liga da Terceira División Nacional que se celebrará no na tarde do sábado.

Será un partido entre dous equipos que no que vai de competición acumulan unha xornada de descanso, por retirada doutros equipos, e unha derrota como locais, o equipo vilalbés ante o Concello de Begonte por 3-4 e o Praias de Barreiros C.D. ante o F.S. Pontedeume por 3-6.

Dada a situación sanitaria do Concello de Vilalba o aforo para este partido está limitado a 30 persoas, estando únicamente permitido o acceso aos soci@s por orde de chegada a instalación.