VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. – SPORT SALA CULLEREDO F.S.

O sábado 27 de febreiro ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. recibe ao Sport Sala Culleredo F.S. no partido correspondente á xornada 10 de liga da Terceira División Nacional que fora adiado no seu día por casos positivos de Covid-19 no equipo coruñés.

A priori será un partido moi igualado entre dous equipos separados por tres puntos na clasificación, o equipo Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. é terceiro con 12 puntos e o Sport Sala Culleredo F.S. suma 9 puntos aínda que ten un partido menos que os vilalbeses.

Dada a situación sanitaria do Concello de Vilalba o aforo para este partido está limitado a 104 persoas, tendo prioridade @s soci@s por orde de chegada a instalación.