VALIOSO EMPATE EN VIGO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. empatou 3-3 ante o Ganomagoga Vigo – IES Coruxo F.S., no partido celebrado na tarde do domingo no Pavillón Municipal “As Travesas” de Vigo, correspondente á xornada 12 de liga da Terceira División Nacional.

Primeira metade na que o equipo vilalbés adiantouse 0-3 no marcador pero que sufriu dúas expulsións moi rigurosas que o mermaron no transcurso da segunda metade. Isto foi aproveitado polo equipo local para acadar o empate.

Na vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. viaxará á pista do segundo clasificado o Stellae F.S. – St. Petroni de Padrón nun duelo que a priori se prevé moi emocionante.

A directiva do Vilalba F.S. pon autobús gratuito para os siareiros que queiran viaxar para animar ao equipo.