VI MEMORIAL “FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ VÁZQUEZ”

O sábado 29 de decembro ás 18 horas celebrarase o “VI Memorial Francisco Javier González Vázquez” no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Esta sexta edición será a primeira vez que o dispute o equipo feminino do Vilalba F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. enfrontarase ao equipo de A Fervenza F.S.F. As de Ferrolterra que son un referente no fútbol sala feminino militan na Segunda División do fútbol sala nacional.

Por encima do xogo e do resultado final, será unha nova oportunidade de homenaxear á figura de Francisco Javier González Vázquez, unhadas persoas que máis traballaron polo deporte vilalbés en xeral e polo fútbol sala en particular.