VICTORIA A DOMICILIO CONTRA UN RIVAL DIRECTO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. nun gran partido venceu por 2-4 ao Pescados Rubén Burela F.S. “B” no encontro correspondente á sétima xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón “Vista Alegre” de Burela na tarde do sábado.

As xogadoras do Vilalba F.S. comenzaron moi metidas no partido, levando a iniciativa do xogo e defendendo ben en media pista. Así chegaron á metade da primeira parte cun 0-2 obra de Antía e Aisha. O equipo local continuou esperando en media pista para saír ás contras. Nunha desas saídas puxeron o 1-2 co que se chegou ao descanso.

Na segunda parte comezou co equipo vilalbés defendendo en media pista e intentando ampliar a vantaxe nalgunha contra, pero sería o Burela o que empataría o encontro. A partir de ahí as rapazas ben dirixidas por Jose e Miguel subiron a defensa para tentar acadar os tres puntos e Patri con dous goles casi seguidos deixou o marcador no definitivo 2-4.

Despois de sete xornadas disputadas o Vilalba F.S. leva pleno de victorias e segue no alto da táboa con 18 puntos, dous máis que o segundo clasificado o Pastoriza F.S.

PESCADOS RUBÉN BURELA F.S. “B”
Nerea, Roxana, Andrea, Cristina, Claudia – cinco inicial – Lela, Adilsa, Carla, Noemí e Xela.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Aisha, Sabela, Antía, Cayu – cinco inicial – Ana, Patri, Cristina, Ainé, Marta e Carmela.

GOLES:
0-1 Antía. (Min. 4)
0-2 Aisha. (Min. 10)
1-2 Cristina. (Min. 14)
2-2 Noemí. (Min. 31)
2-3 Patri. (Min. 34)
2-4 Patri. (Min. 34)