VICTORIA A DOMICILIO DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou ao Burela Pescados Rubén “B” por 3-4 no partido disputado na tarde do sábado no Pavillón “Vista Alegre” de Burela correspondente á xornada sete da Autonómica feminina.

As rapazas do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sen realizar un gran partido acadaron unha importante victoria para rematar a primeira volta situadas na metade da clasificación con 9 puntos despois de acadar tres victorias e tres derrotas.

Ficha Técnica:

BURELA PESCADOS RUBEN “B”
Nerea, Adilsa de Jesús, Xela, Claudia, María B. – cinco inicial – Iria G., Cristina (1), Carla (1), Iria E., María F. (1) e Sofía.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Iria, Paulita, Carla (2), Aisha (1), Noemí – cinco inicial – Carmela, Carlota, Lara, Akira (1) e Marta.