VICTORIA AGÓNICA DO XUVENIL

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu con sufrimento ao Meigallos F.S. por 6-5 no partido disputado o sábado pola tarde no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba correspondente á segunda xornada da fase de ascenso á División de Honra xuvenil.

Victoria moi sufrida do equipo adestrado por Quini que tivo ata tres goles de vantaxe na segunda metade e viu como o equipo sarriano empataba no último minuto. Con algo de fortuna e arriesgando co porteiro xogador faltando escasos segundos acadou a victoria final que o mantén con opcións de poder quedar primeiro de grupo. Para elo o vindeiro domingo ás 19 horas o equipo vilalbés terá que puntuar na difícil pista do Ventorrillo ante o equipo a batir do subgrupo 1 da fase de ascenso.

Ficha Técnica: 

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Dilan, Tinete (2), Iker, Tito (1), Hugo – cinco inicial – Abraham, Pelouro (2), Pablo Díaz, Brais, Leiras (1), Marcos, Copa, Aitor e Pablito.

OS MEIGALLOS F.S.
Pablo, Brais (1), Andrés, Gonzalo (1), Alejandro (1) – cinco inicial – Borja, Miguel (1), Saúl e Iago.