VICTORIA CÓMODA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu con claridade por 1-5 ao Rábade F.S. no encontro correspondente á decimoterceira xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal “Eduardo Villamarín” de Rábade.

As xogadoras do Vilalba F.S. olvidaron a inxusta derrota da semana pasada e realizaron un bo encontro vencendo a un rival que non tivo opcións. Foi un partido bastante cómodo para as vilalbesas, e no que todas as xogadoras dispuxeron de bastantes minutos.

Con esta victoria o Vilalba F.S. segue segundo na clasificación logo de que os equipos da U.D. Pastoricense e o Lieders tamén gañaran os seus partidos.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Patri, Sabela, Cayu, Marta – cinco inicial – Ana, Cristina, Ainé, Carmela.

RÁBADE F.S.
Antía, Lucía, Nerea, Laura, Divina – cinco inicial – Mª Carmen, Sandra, Patricia e Diana.

GOLES:
0-1 Ainé. (Min. 4)
0-2 Cayu. (Min. 11)
0-3 Sabela. (Min. 18)
0-4 Cayu. (Min. 18)
1-4 Nerea. (Min. 19)
1-5 Carmela. (Min. 28)

COMPARTIR