VICTORIA CONTUNDENTE DO VILALBA F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu con autoridade ao Sport Sala Culleredo F.S. 5-0 no partido disputado o sábado pola tarde no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba correspondente á xornada 10 de liga da Terceira División Nacional.

Gran victoria colleitada desde un gran traballo defensivo e con menos erros en ataque que en anteriores xornadas. O público asistente, preto dun centenar de siareiros, disfrutou de novo dunha victoria do seu equipo.

Esta victoria foi adicada ao xogador Paulo que foi operado esta semana do xeonllo e que se perderá o que resta de tempada.

Moito ánimo, Paulo!!!

 

Ficha Técnica:

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Marcos, Isma (1), Xisco (1), Antón (1), Aitor – cinco inicial – Tini, Chafa, Gago, Fariñas (1), Nuno, Fede, Coe, Diego e Mario.

SPORT SALA CULLEREDO F.S.
Fernando, Manuel, Óscar, Daniel González, Andrés – cinco inicial – Buxi, Socastro, Braís, Iago, Daniel Fernández e Francisco Javier (p.p.).