VICTORIA CONTUNDENTE DO XUVENIL

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou ao Pizarras Los Tres Cuñados F.S. por 4 goles a 9 no encontro correspondente á undécima xornada da Liga Galega Xuvenil no Pavillón de Calabagueiros de O Barco de Valdeorras.

O partido comezou mal para o equipo vilalbés xa que nos primeiros minutos perdía por 3-1. Antes do descanso lograron poñerse por diante 3-4,  a pesar de ser unha pésima primeira parte dos xogadores vilalbeses. Na segunda metade, sen xogar ben, foron superiores e acabaron goleando ao equipo ourensán.

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS F.S.
Adrián, Brais, Juan Luis, Hugo, Ezequiel – cinco inicial – Joel, Luis Angel, Samuel, Eric, Alberto, Juan Angel.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Juan Diego, Antón, Xosé, Alberte, Diego – cinco inicial – Lage, Alberto, Hugo, Martín e Iker.

GOLES:
PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS F.S.
Juan Luis (3) e Hugo.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Lage (3), Antón (2), Xosé (2) e Diego (2).

COMPARTIR