VICTORIA CONTUNDENTE NO DEBUT DO XUVENIL

 

O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. goleou ao GRI Carballiño F.S. no encontro correspondente á segunda xornada da Liga Galega Xuvenil e conseguiu os tres primeiros puntos no seu debut na categoría.

O partido comezou mal para o equipo vilalbés xa que aos 8 minutos xa perdía por 0-2 pero nunha gran segunda metade remontaron e acabaron goleando ao equipo ourensán.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.

Juan Diego, Lage, Alberte, Diego, Martín – cinco inicial – Prieto, Antón, Alberto, Xosé, Alex Leiras, Iker e Brais.

GRI CARBALLIÑO F.S.

Ramiro, Antonio, Berto, Carlos, David – cinco inicial – Alvaro, Hugo, Anxo e Marcelo.

GOLES:
0-1  Carlos. (Min. 4)
0-2  Anxo. (Min. 8)
1-2  Martín. (Min. 14)
2-2  Diego. (Min. 21)
3-2  Iker. (Min. 26)
4-2 Xosé. (Min. 31)
5-2 Alberte. (Min. 33)
6-2 Antón. (Min. 37)
7-2 Antón. (Min. 38)