VICTORIA CONTUNDENTE

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu 2-6 ao Troula Betanzos F.S. no partido correspondente á xornada 11 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Betanzos na tarde do sábado.

Con dous goles de Isma ao inicio do partido encarrilou a victoria o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. na súa visita a un equipo que tiña por riba na clasificación. Dous goles máis de Fede e Iván Gago deixaban casi resolto o encontro antes do descanso.

No primeiro minuto da segunda parte Fede con outros dous goles sentenciaba a contienda e o equipo local aínda que o intentou co porteiro xogador só foi capaz de maquillar o resultado.

A destacar o quinteto que sacou á pista Quini nos últimos minutos coa totalidade dos xogadores da localidade vilalbesa e varios do equipo xuvenil.

Con esta victoria o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. sitúase ao remate da primeira volta terceiro clasificado con 11 puntos, cun partido pendente ante o Sport Sala Culleredo, a catro puntos do Begonte F.S. e a cinco do primeiro clasificado o C.D. Lugo Sala.

A vindeira xornada, primeira da segunda volta, o Vilalba F.S. visitará a complicada pista do Begonte F.S.

Ficha Técnica:

TROULA BETANZOS F.S.
Alfonso, Miguel, Lorenzo, Carlos, Pablo (1) – cinco inicial – Sergio, Hugo, Alfonso, Lucas, Román (1), Brais e Juan José.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Marcos, Isma (2), Fede (3), Coe, Fariñas – cinco inicial – Tini, Adrián, Nuno, Antón, Mario, Tito, Iker, Iván Gago (1) e Aitor.