VICTORIA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou por 6-3 ao Pastelería Cervela A Estrada Futsal no encontro correspondente á xornada 17 da Liga Autonómica Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba na mañá do domingo.

A primeira parte foi de claro cor verde no que as rapazas do Vilalba F.S. dispuxeron de moitas ocasións para sentenciar o encontro e soamente lograron irse ao descanso cun apretado 2-1.

Na reanudación, nun minuto, Antía lograba un hat-trick e sentenciou o encontro. Posteriormente houbo intercambio de goles para establecer o 6-3 definitivo.