VICTORIA DO FEMININO

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou ao F.C. Meigas por 0-2 no partido disputado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Bertamiráns correspondente á xornada 13 de liga da Autonómica feminina.

As rapazas do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. colleitaron unha victoria nos derradeiros minutos de partido e sitúanse no terceiro posto da clasificación.

O vindeiro domingo ás 17 horas o equipo vilalbés pechará a tempada no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ante o Pescados Rubén Burela F.S. “B”.

Ficha Técnica:

C.F. MEIGAS
Uxía, Iria, María, Martina, Teresa – cinco inicial – Maite, Andrea, Paula e Laura.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Carmela, Paulita (1), Antía, Carla, Marta – cinco inicial – Iria, Lara, Carlota, Akira (1) e Kayu.