O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou por 2-5 ao Concello de Begonte F.S. no encontro correspondente á primeira xornada da segunda volta da Copa 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón Municipal de Begonte, (Baamonde) na tarde do domingo.
As rapazas do Vilalba F.S. recibiron o primeiro gol aos 12 segundos de partido e estiveron nerviosas e imprecisas ata que no minuto 3, Sabela acadou o empate. A partir dese intre, o xogo por parte das vilalbesas mellorou moito ata poñerse 1-3 con dous goles máis obra de Méndez e Akira. Antes do descanso o equipo begontino xa xogou coa porteira xogadora e logrou o dous a tres, resultado inquietante para os intereses do equipo vilalbés.
Na segunda parte o Begonte F.S. buscou o empate pero Sabela marcou o 2-4. Xa nos últimos minutos o equipo local intentouno de novo coa porteira xogadora pero o Vilalba F.S. defendeu ben en un roubo de balón Akira a porta baleira estableceu o definitivo 2-5.
A vindeira xornada o Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. visitará ao líder do grupo a U.D. Pastoricense.
CONCELLO DE BEGONTE F.S.
Alicia, María, Ana, Ruth, Uxía – cinco inicial – Alejandra, Noemi, Alba Torres e Alba Cruz.
VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Sabela, Akira, Méndez, Kayu – cinco inicial – Patri Pisón, Xina, Antía, Ainé, Marta e Carmela.
GOLES:
1-0 Uxía. (Min. 1)
1-1 Sabela. (Min. 3)
1-2 Méndez. (Min. 9)
1-3 Akira. (Min. 16)
2-3 Antía (p.p.). (Min. 17)
2-4 Sabela. (Min. 33)
2-5 Akira. (Min. 39)