VICTORIA DO FEMININO QUE SE XOGARÁ O ASCENSO NA ÚLTIMA XORNADA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu con claridade por 0-2 ao Monterroso F.S. no encontro correspondente á penúltima xornada da Liga 1ª Galicia Feminina celebrado no Pavillón “A Cúpula” de Monterroso.

Partido con moi pouco ritmo e marcado polo mal estado da pista, moi sucia e resbaladiza. O primeiro tempo foi de dominio absoluto do equipo vilalbés con moitas ocasións pero que non se materializaron. A segunda metade comezou igual e en dúas desas ocasións, primeiro Sabela e despois Patri estableceron o resultado definitivo. Despois o equipo local dispuxo dalgunha ocasión para marcar froito dos despistes da zaga vilalbesa que en ningún momento perdeu o control do xogo.

Con esta victoria o Vilalba F.S. está segundo na clasificación a un punto do U.D. Pastoricense co que se xogará o título da competición na última xornada.

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Tati, Akira, Sabela, Cayu, China – cinco inicial – Patri, Ainé, Carmela e Marta.

MONTERROSO F.S.
Carla, Marta, Helena, Elisa, Olaya – cinco inicial – Ana

GOLES:
0-1 Sabela. (Min. 22)
0-2 Patri. (Min. 27)

COMPARTIR