VICTORIA DO VILALBA F.S. ANTE O PONTEDEUME F.S.

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. venceu 6-3 ao Pontedeume F.S. no partido correspondente á xornada 17 de liga da Terceira División Nacional celebrada no Pavillón Municipal de Vilalba na mañá do domingo.

Partido que se lle complicou ao equipo vilalbés despois de errar nos primeiros minutos do partido numerosas ocasións e que mediada a primeira parte perdía por 2-3. A reacción dos pupilos de Quini non se fixo agardar e antes do descanso xa mandaban de novo no marcador. Na segunda parte ampliou a vantaxe con dous goles máis e a victoria non correu perigo.

Ficha Técnica:

VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S.
Marcos, Ismael (1), Fede (3), Coe, Xisco (2) – cinco inicial – Tini, Diego, Antón, Nuno, Mario, Fariñas e Aitor.

PONTEDEUME F.S.
Diego, Juan Carlos, Rubén, Pablo, Garea (1) – cinco inicial – Nicolás, David, Ayalita (1), Jaime (1) e Francisco.