VICTORIA DO VILALBA F.S.  ANTE O VIGO 2015 EN CASTRO RIBERAS DE LEA

O Valdesuso Peugeot Vilalba F.S. gañou 5-1 ao Vigo 2015 no partido, (adiado pola condensación da pista), correspondente á xornada 17 de liga da Terceira División Nacional celebrado o martes de entroido no Pavillón Municipal de Castro Riberas de Lea.

O encontro reanudouse aos 10 minutos do primeiro tempo e cun resultado de 1-0 a favor dos vilalbeses. No tempo restante ata o descanso, o equipo vilalbés acusou o cambio de instalación e non foi quen de ampliar a vantaxe chegando ao descanso co mesmo resultado obtido en Vilalba.

Na segunda parte o equipo de “Kini” mellorou e acadou dous goles, por mediación de Jose, nos primeiros minutos para tomar unha importante vantaxe. Co paso dos minutos o Vilalba F.S. tivo ocasións claras para matar o encontro pero non o fixo e nunha mala saída de balón o Vigo 2015 marcou o 3-1. A falta de catro minutos o equipo visitante dispuxo, nunha contra, dunha clara ocasión de gol que non materializou e ahí acabáronse as esperanzas de recortar a vantaxe xa que inmediatamente despois Iván Gago e Xosé marcaron sendos goles para sentenciar o partido.

A directiva do Vilalba F.S. quere agradecer ao Concello de Castro de Rei a colaboración co clube vilalbés na cesión desinteresada do seu Pavillón Municipal de Deportes.