O equipo xuvenil do Valdesuso Peugeot Vilalba F.S., venceu
6-3 ao E.
D. Marín Urkira no partido celebrado na tarde do sábado no Pavillón Municipal
de Vilalba, correspondente á xornada 5 da Liga Galega Xuvenil.
Partido con moitas imprecisións e erros defensivos na primeira metade por parte do equipo vilalbés e lixeira melloría nalgunha fase da segunda parte. Aínda así pódese considerar xusto o marcador final de 6-3.
Con esta nova victoria o Vilalba F.S. sitúase no sexto posto da táboa clasificatoria.
